Adolfo de Abel presentou novo libro sobre a Muralla

maría caravel

LUGO

14 jul 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

1O historiador lucense Adolfo de Abel Vilela presentou onte á tardiña o libro A Muralla romana de Lugo na documentación dos séculos XVI ao XX. O salón de actos da Deputación acolleu o acto, no que autor explicou algúns dos datos relevantes da publicación, na que analiza cincocentos anos de historia da fortificación. A obra, editada polo servizo de publicacións da área de Cultura, recolle unha selección de fotografías e planos do monumento, constituíndose nun dos traballos máis completos e exhaustivos que se teñen realizado sobre a Muralla. O libro componse de 27 capítulos, dos que o investigador dedica tres á declaración como Patrimonio da Humanidade. Interviron o delegado de Cultura da Deputación, Mario Outeiro, e o escritor Lois Diéguez.

Xuntanza da emigración

2O 23 de xullo, máis de 1.500 emigrantes galegos residentes en todo o mundo participarán en Palas de Rei na sexta Xuntanza da Emigración Galega. Terá lugar na área recreativa de Vilar de Donas, e nela haberá un xantar e numerosas actividades. Entre outras, entregaranse 15 medallas de prata a personalidades da sociedade galega que destacaron pola súa labor a favor da emigración.

Conferencia sobre Alexandre Bóveda

3O doutor en Historia Contemporánea e presidente da Asociación Galega de Historiadores, Uxío- Breogán Diéguez Cequiel, analizou a importancia de Alexandre Bóveda no nacionalismo galego do primeiro terzo do século XX. A conferencia desenvolveuse no Museo, que ata o 31 de xullo acollerá a exposición «Alexandre Bóveda. Da vida e o compromiso. 1903-1936».

Mercado do 15-M

4E na Praza Maior, os «indignados» do movemento 15-M organizaron un mercado «con conciencia» para chamar a atención sobre a necesidade «de que a democracia sexa real».