Un desexo do que quedou constancia por escrito

La Voz

LUGO

Lucense da Fonte dos Ranchos, foi alumno dos Maristas e das Josefinas. Fixo a carreira na Facultade de Dereito de Santiago e as oposicións en Pontevedra.

As súas primeiras novas sobre A Fonsagrada remóntanse á nenez, porque cando o pai viaxaba para vender material eléctrico, ou ía a Foz ou a esa vila da montaña. Máis tarde acompañouno e foi nunha visita como estudante cando se decatou de que había xulgado. De regreso deixou por escrito nuns apuntes un desexo premonitorio, porque se chegaría a cumprir: «xuíz en Fonsagrada». Na Escola Xudicial foi o primeiro destino que puxo nunha listaxe de 74.