Sons de música tradicional

María Caravel redac.lugo@lavoz.es

LUGO

02 may 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

A praza de Santa María vibrou onte co concerto de Mercedes Peón , Os Tres Trebóns - con Xurxo Souto que porá a voz e o acordeón- e Emilio Rúa . Foi a primeira das actividades para dinamizar o uso da lingua galega a través dunha actividade lúdica, organizadas pola Vicepresidencia da Deputación da que é responsable Antón Bao. Presentou as actuacións, agardadas por numeroso público o actor Carlos Blanco .

A organización neste caso correu da conta da asociación cultural Cántigas e Frores , que invitou para a ocasión a Agrupación Los Xustos de Gijón , que aportou tamén a grupos das súas escolas o festival. O Gustavo Freire serviu para unha xornada de convivencia musical, que comezou cun xantar de confraternidade e xogos tradicionais para os máis pequenos. Soaron as gaitas, a percusión tradicional e houbo exhibicións de baile, canto e pandeireta e acordeón. Viana de Castelo en Fegama. A feira que reúne os autónomos galegos no recinto do Palomar dedicou onte un apartado especial a asociación empresarial de Viana do Castelo, en Portugal, con música incluída que puxo o grupo Zés P?reiras . Ademais dunha mesa de traballo na que interviron o vicepresidente da organización lusa Secundino Cantinho , tamén o fixo o vicepresidente da Cámara de Comercio de Lugo, Eduardo Núñez Torrón e o empresario Jaime Riba , un viticultor portugués que comercializa os seus caldos ecolóxicos en Australia, Estados Unidos e Hong Kong. Para hoxe está previsto un desfile de perruquería con creacións do lucense René Velasco .