O comezo do plan de banda larga comeza por Lugo

La Voz

LUGO

A Xunta, sinalou onte nunha nota de prensa, está a traballar no desenvolvemento do Plan de Banda Larga 2010-2013 para achegar Internet de calidade a todos os galegos. Este proceso, afirma, comezará pola provincia de Lugo.

Dos 10,74 millóns de euros de investimento previsto a finais de 2013 para dotar de cobertura aos 28 municipios desta fase, 3,46 millóns de euros destinaranse á implantación de redes fixas, 5.610.000? a redes inalámbricas e os 1,67 euros millóns restantes se aplicarán á posta en marcha de redes de nova xeración (NGAs), que permiten velocidades de conexión de ata 100 Mbps. Destas últimas beneficiaranse arredor de 26.145 habitantes de Monforte, Chantada e Sarria.

Esta primeira fase de despregamento de novas infraestruturas, sinalan desde a Xunta,1 realizarase 12 concellos da Ribeira Sacra (Carballedo, Chantada, Monforte de Lemos, Pantón, A Pobra de Brollón, O Saviñao, Sober, Taboada, Paradela, Portomarín, Quiroga, Ribas de Sil) e outros 10 do sur da provincia de Lugo (Antas de Ulla, Bóveda, Friol, Guntín, Palas de Rei, Monterroso, O Corgo, Láncara, O Páramo e Sarria).

Actualmente o 45,6% dos lucenses non teñen acceso á rede de calidade.