24 ene 2010 . Actualizado a las 02:00 h.
O Servizo Galego de Saúde achegará un total de 597.000 euros para o mantemento de Puntos de Atención Continuada (PAC) e zonas especiais de urxencias que funcionan en centros de saúde de titularidade municipal. Na provincia de Lugo beneficiaranse Becerreá, Cervantes, O Corgo, Folgoso do Courel, Guntín, Meira, Outeiro de Rei, Palas de Rei, Pedrafita do Cebreiro e Vilalba.
Con esta liña de axudas subvencionaranse tanto gastos de persoal non sanitario coma gastos de auga, electricidade, teléfono, calefacción, limpeza e seguridade, entre outros. Para a concesión da axuda tivéronse en conta a superficie das instalacións, así coma o número de tarxetas asignadas.