A Praza Maior acolleu onte unha concentración solidaria en sinal de apoio á activista Aminetu Haidar, en folga de fame e como reclamo para esixirlle ao pobo de Marrocos, a devolución dos territorios ocupados. A concentración estivo organizada pola ONGD de axuda ao pobo saharauí, e Santi Quiroga (Guitiriz, 1987), é un dos seus representantes.
-¿As razóns desta concentración?
-Son os motivos de Aminetu Haidar e tamén os da causa saharauí. O Sáhara leva 34 anos recluído nun dos terreos más inhóspitos da terra, que é a armada arxelina, no medio do deserto. Existen máis de 50 resolucións das Unións Unidas, que avalan o dereito deste pobo a voltar ao seu territorio orixinal, que era a zona de El Aaiún.
-¿Que Goberno é o responsable?
-Existe responsabilidade por parte de Marrocos que desterrou a unha compatriota do seu territorio, e por outra banda, o Goberno español ten a súa parte de responsabilidade, xa que permitiu a súa entrada sen ningunha documentación, co que contribuíu a esta ofensa aos dereitos humanos.
-¿Quédalle lonxe ao cidadán este conflito?
-Un amigo comentoume o outro día que como unha muller podía renunciar a uns alimentos dos que moitos carecen. Ese comentario reflicte dalgún xeito a ignorancia que temos de todo o conflito. Temos que decatarnos de que todos temos dereito a vivir onde nacimos e tamén a poder desenvolvernos no noso territorio.