Iago Eireos moldea coa foto

S.Varela

LUGO

O artista lucense expón desde mañá 56 obras na Capela de Santa María nas que xoga coas imaxes e os lenzos

16 dic 2009 . Actualizado a las 02:00 h.

A vicepresidenta segunda da Deputación, Lara Méndez, presentou onte La Barba del Vecino , a nova mostra que acolle a Capela de San María dende mañá e ata o 31 de xaneiro. A exposición, organizada polo Centro de Artesanía e Deseño dependente do organismo provincial, reúne un total de 68 cadros do artista lucense Iago Eireos.

Neste senso, Lara Méndez subliñou que «a Deputación aposta polos artistas da provincia porque somos conscientes de que en Lugo hai calidade». A responsable da área de Promoción Económica e Emprego salientou que «o obxectivo da Deputación é promocionar e impulsar o traballo dos nosos artistas. Por iso, queremos convertir a Capela de Santa María no epicentro cultural de Lugo, e dar a coñecer aos veciños da provincia o traballo nosos pintores, fotógrafo...».

Neste senso, Lara Méndez incidiu en que tan só nas últimas dúas exposicións que organizou o Centrad Expomanga, e 3+3 Vigo. Xeración dos 50, a Capela de Santa María contou coa visita de preto de 2.000 persoas. La Barba del Vecino versa sobre a indiferencia humana. Para iso, Iago Eireos mostra 56 rostros desfigurados creados a través da pintura e da fotografía. Precisamente, esta é a particularidade desta artista lucense: crear retratos traballando cos negativos das fotos. Este mozo lucense dá primeiro cor aos lienzos, para logo superpoñer imaxes analógicas. A Capela de Santa María acolle ademais outras 12 pezas deste pintor e fotógrato. Entre elas, destacan catro obras: Mujer sapo , Giocondo , Soy gitano , Perro Verde . Son retratos de recoñecidas persoas que viven nas rúas das principais cidades galegas. A intencionalidade de Iago Eireos con esta obra é amosar o desarraigo social.

O horario da mostra é de do mediodía ata as dúas da tarde, e de seis da tarde ata as nove da noite. As fins de semana estará aberta a mostra no horario de tarde. A Capela de Santa María estará pechada ao público dos días 24, 25 e 31 deste mes e o 1,5 e 6 de xaneiro.