Presentan as actividades deportivas para os universitarios do campus

La Voz

LUGO

27 oct 2009 . Actualizado a las 02:00 h.

O edil de Deportes, José Manuel Díaz Grandío; o vicerreitor da USC en Lugo, Carlos Herrero; e Jesús Castro, responsable da área de Deportes da USC presentaron o programa de actividades deportivas que se ofertará no curso 2009-2010 aos estudantes do campus lucense. O edil explicou que «o Concello pon á disposición do colectivo universitario todas as súas instalacións deportivas para que os universitarios podan continuar a facer deporte na nosa cidade». Grandío indicou que «o ámbito deportivo é idóneo para que os estudantes que veñen de fóra da cidade se sintan máis lucenses e se integren á vida diaria de Lugo».

Son un total de 14 disciplinas distintas que se desenvolverán en diferentes instalacións deportivas. En Veterinaria:Ximnasia de mantemento, Aeróbic + Steps, Mantemento + Aeróbic + Steps, Pilates, Taichi, Danza Oriental. Nas piscinas de As Pedreiras: Ioga. No ximnasio do Pazo dos Deportes: esgrima, acondicionamento físico e tiro con arco. Máis información en www.lugo.es e ww.usc.es

Tamén haberá actividades externas con descontos para os universitarios. Padel: actividade que se desenvolve no Club Padel Nuestro, no Ceao. Con prezos especiais para universitarios. Esta instalación tamén conta con ximnasio e sauna. Hípica: Cursos mensuais no Club Hípico Equs. Corre con nós: A USC ten un equipo de atletismo de membros da comunidade universitaria para participar de xeito gratuíto no Circuíto de carreiras Corre con nós que organiza o Concello. Club Fluvial: A USC ten suscrito un convenio para facer uso a prezo reducido das súas instalacións aos alumnos de primeiro e segundo ciclo dende as 08.00 ate as 17.00.