A comarca, pola súa ubicación, é zona de paso para transeúntes

La Voz

LUGO

Axudas para a viaxe ou para alimentos son unha das mostras máis concretas do traballo de atención a transeúntes que realiza Cáritas. Españois e estranxeiros son os que acoden na procura desa axuda, aínda que nalgúns casos téntase conseguir algo máis: hai moita xente, di Valín, que desexa atopar un traballo.

A situación da comarca non é allea a esa cuestión, xa que resulta un lugar de paso: xente que vai de Lugo a Ferrol, de Ferrol a Lugo ou da Coruña ou de Santiago a Asturias son algúns dos que acoden en demanda de axuda.

Atención constante

Ese traballo de atención faise ao longo de todo o ano, aínda que Valín salienta un dato: non achega unha cifra concreta sobre o número de persoas que poden pasar e piden axuda; pero engade que en datas como o verán ou épocas de festas aumenta ese número.