Un home moi implicado na vida da comarca

La Voz

LUGO

18 oct 2008 . Actualizado a las 02:00 h.

Pousa Antelo non se pechou na súa escola de Barreiros, senón que se integrou na vida cotián de Sarria e a súa comarca.

É o creador dun personaxe que todos os anos polo San Xoán botaba as súas cantigas dende as páxinas do programa de festas, o Tamborileiro Municipal.

Por ese motivo en varias ocasións, a última delas en 1986 foi o pregoeiro das festas da vila.

A primeira aparición do pregón do San Xoán co Tamborileiro Municipal como protagonista tivo lugar en 1950 e o contido dese pregón é o seguinte: Repenica, Repenica / Non deixes folgar a man / Repenica pregoeiro / polas festas de San Xoán. / Grandes festas relixiosas, / misa grande con sermón. / E no remate da misa / so Señor a procesión. / Festas de día e de noite / Festas de noite e de día. /Verbenas deica a mañá, / troula desque rompe o día. / Festas de San Xoán en Sarria. / Forasteiro ¿Non as viches? / ¿Non estiveches nelas? / ¡Non sabes o que perdiches!. /Repenica, Repenica / tamboril hasta romper / Que outras festas coma estas / non as houbo nin ha de haber.

Este texto é tan so un pequeno homenaxe para un home que desde a súa escoliña de Barreiros ergueu ben alta a bandeira dos bos e xenerosos.