Ángel Sampedro foi un recoñecido artista da copla que acadou sona tamén coma artista de cine. Actuou xunto a figuran tan recoñecidas como Carmen Amaya
16 mar 2008 . Actualizado a las 02:00 h.Angelillo foi o nome artístico de Ángel Sampedro Montero, que naceu en Vallecas (Madrid) en 1908, e morreu en Buenos Aires en 1973. Foi cantaor, cancionetista e actor cinematográfico.
Era fillo de Ramón Sampedro López, natural de Aián, e de Rosa Montero García, de Vilar do real. Neto pola liña paterna de José Sampedro, de Aián, e de Francisca López, de Teivilide. Pola liña materna, de Benito Montero, de Vilar do Real, e de Rosa García, de Sivil.
Naceu na vila de Vallecas (Madrid) o 12 de xaneiro de 1908, onde o seu pai, que era xornaleiro, vivía na calle San Francisco número 5 baixo.
En 1924 gañou un concurso de cante flamenco, iniciando unha carreira artística que o levou por toda España, sendo figura destacada en espectáculos en xira por toda a geografía española, organizados polo empresario Vedrines en 1934.
Tamén en 1934 se iniciou en actuacións cinematográficas e proseguiu coas gravacións discográficas que o farían moi coñecido e moi recoñecido.
Participou nas películas La embriagues de la Gloria (1934), En España manda el sol, e La Niña de los corales.
Como consecuencia da Guerra Civil viuse forzado a a marchar para a Arxentina, onde estivo por espazo de 18 anos.
En 1954 regresou a España, onde presentou a película Suspiros de Triana. En 1956 fixo o espectáculo Romance de Juan Clavel e en 1957 La venta de los toreros, regresando posteriormente á Arxentina.
Novamente en España presentou Cuando Vuelan mis canciones (1959), e en 1962 tivo un man a man con Juanito Valderrama, repetindo a experiencia en 1968 coa actuación engadida de Dolores Abril. En 1970, xa en América, presentou España tiene salero, e con Pedrito Rico, no Teatro Calderón, o espectáculo Cantemos a España.
Intérprete de cancións tan sonadas como La hija de Juan Simón, Pobre Presidiario, Dos cruces e Camino verde, a súa presenza no cine español e arxentino fixoo figurar en películas tan recoñecidas como El negro que tenía el alma blanca, Soy un pobre presidiario, Centinela alerta e La hija de Juan Simón.
Unha placa colocada na casa onde naceu, con motivo do homenaxe adicado pola Peña Flamenca Fosforito, de Madrid, no ano 1985, recorda a figura deste fillo e neto de samonenses que deu grandes horas de gloria ao cante flamenco, e que sempre se gabou da súa orixe, como recordaba el cando no ano 1957 fixo unha xira por Galicia.
Algo deben de facer canto antes no seue lugar de orixe, Samos, en rescate de quen se gabou da súa orixe, aproveitando o cente