O Colexio de Arquitectos inaugura a mostra de acertos e desacertos cunha conferencia de Xosé Manuel Rosales
06 feb 2008 . Actualizado a las 02:00 h.O vindeiro venres, ás oito do serán, a Delegación de Lugo do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) terá dúas citas destacadas para os lucenses. A primeira xa se está a converter nun acto imprescindible para os amantes da fotografías e do urbanismo na provincia. Trátase da inauguración da terceira Mostra Fotográfica de Acertos e Desastres Arquitectónicos, unha idea que pretende facernos visible, dun xeito directo e pedagóxico, o bo e o malo que temos diante dos nosos ollos e que se nos mostra como algo cotiá.
As mesmas bases do concurso xa definen o obxectivo: «Co ánimo de seguir contribuíndo á defensa, divulgación e propagación da boa arquitectura e ca intención de que no futuro sexa máis doado atopar acertos arquitectónicos e que os desastres acaden solución».
A exposición estará aberta ata o 29 deste mes, no salón de actos da delegación do colexio, en horario de sete e nove da noite, de mércores a sábados, ambos incluídos.
O Colexio de Arquitectos quixo que este acto de presentación das mellores fotografías que participaron no certame estivera acompañado dunha conferencia que realzase a mostra. Así, o coordinador do coñecido como Proxecto Terra, Xosé Manuel Rosales Noves, pronunciará unha conferencia sobre o citado proxecto, nado en xaneiro do ano 2000 e que ven sendo unha achega do COAG ao mundo da educación, co fin de que os cidadáns perciban a arquitectura e o seu territorio como piares básicos da cultura galega. O Proxecto Terra vai dirixido ás diferentes etapas da educación obrigatoria e para iso elabóranse unidades didácticas e materiais de apoio, fórmase ao profesorado, ofrécense visitas guiadas de arquitectura polas cidades e foméntanse os intercambios territoriais.
Xosé Manuel Rosales Nove (Pontevedra, 1958) é profesor de Secundaria, docencia que comparte desde 1993 na Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña, onde é profesor asociado. Coordina o Proxecto Terra desde os seus inicios. Na actualidade as consellerías de Vivenda e de Política Territorial son as principais impulsoras institucionais deste proxecto educativo.
Xosé Manuel Beiras
Por otra parte, a Delegación de Lugo del COAG, dentro de ciclo de conferencias Outras voces, programou para o venres día 15 unha ponencia do catedrático de Estrutura Económica da USC Xosé Manuel Beiras.
O Colexio de Arquitecto pretende con este ciclo de charlas abrir un debate de ideas sobre os cambios que se están a producir na paisaxe, no urbanismo e nos modos de relacionarse dos galegos nos últimos años.