Cine con memoria no campus

C. López

LUGO

Documentais e películas relacionados coa Guerra Civil serán proxectados a partir do luns en Maxisterio

08 dic 2007 . Actualizado a las 02:00 h.

Lugo Cultural volve apostar polo cine na súa programación de outono e se o pasado mes dedicou un ciclo a Asturias, nesta ocasión a protagonista será a memoria histórica, que será o eixe central dos documentais e das películas que se proxectarán ao longo da semana que vén na Escola Universitaria de Formación do Profesorado.

A primeira das proxeccións terá lugar mañá, cando o público poderá ver Canciones para después de una guerra , unha película documental dirixida en 1971 por Basilio Martín Patino. Se trata de una emotiva e implacable radiografía de la posguerra.

O martes serán dous os filmes que se ofrecerán aos asistentes. L'espoir, Sierra de Teruel , que pasou á historia como a mellor novela sobre a guerra civil española e tamén como un clásico do cine bélico, en ambos casos obra de André Malraux. E tamén Una pasión singular , situada en agosto do 36 durante o doloroso peregrinar de Blas de Infante de prisión en prisión, sempre ao borde da morte. Dirixida en 2003 por Antonio Gonzalo.

Outras dúas proxeccións están previstas para o mércores. Morir en Madrid , do director francés Frederic Rossif, reúne varios documentos sobre a guerra civil española e captura diferentes puntos de vista para representar a continuidade do sufrimento dos españois durante o réxime de Franco. Do director Carlos Arévalo proxectarase Rojo y negro , película de 1942 que é un dos escasos documentos de ficción que reflicten a visón da Falange durante a contenda bélica.

Este ciclo cinematográfico dedicado á memoria histórica rematará o vindeiro venres, día no que haberá ata cinco proxeccións. Muerte en el valle , da americana Christina María Hardt, é un documento sobre o que esta muller atopa en España, a onde viaxa para descubrir a verdade sobre a morte do seu avó, asasinado en 1948. Los héroes nunca mueren , de Jan Harnold, repasa a guerra civil española a través da fotografía Muerte de un miliciano , de Robert Capa. La memoria es vaga é un documental de Catherine Harper que revela a oculta historia e o complexo presente do Valle de los Caídos. La columna de los ocho mil narra unha historia descoñecida por moitos sobre a represión en terras estremeñas. Por último, Requiem por un campesino español , de Francesc Betriu, é a adaptación da novela de Ramón J. Sender.