A creación dun territorio

LUGO

Cultura | Novidades literarias O guitiricense Xosé Antón Cascudo present0 0 seu primeiro libro, «Manual do misántropo», no que figura un espazo imaxinario sen esquecer os ecos da comarca chairega

16 jun 2007 . Actualizado a las 07:00 h.

Xosé Antón Cascudo naceu nos Vilares, como Díaz Castro. A súa carreira literaria aínda está a comezar, pero é merecente de atención: a súa primeira obra, Manual do misántropo , vén de gañar un premio nun certame da Dirección Xeral de Xuventude. O libro presentouse onte pola tarde, na Casa das Palabras de Guitiriz; entrementres, aos seus 31 anos é licenciado en Historia da Arte e está a preparar un traballo sobre o cineasta ruso Alexander Sokurov. é, segundo o seu autor, un poemario urbano no que xorde unha cidade mítica, Quebranto. Non hai, xa que logo, referencias expresas á Terra Chá como si aparecen nalgún coñecido poema de Díaz Castro. De todos os xeitos, chega un momento no o protagonista decide regresar, o que supón unha volta ás orixes. Cascudo afirma que no libro deseñou a historia do personaxe dende diferentes prismas, nas que se inclúen, di, vivencias persoais con cousas aprendidas. A obra está recén saída do prelo, editada por Espiral Maior, aínda que o proceso de creación xa vén de lonxe: algúns dos 50 poemas que aparecen no libro escribíronse xa na mocidade do autor, aínda que logo foron revisados e suxeitos a un proceso que Cascudo acepta definir como dunha certa depuración. Proceso de limpieza Ese proceso semella terse realizado a fondo, mesmo para difuminar influencias que doutra maneira poderían ser evidentes: «Quixen borrar o máximo de referentes. Foi -di Cascudo sobre esta cuestión- un proceso de limpeza para atopar algo orixinal, alleo a referencias, aínda que as ten». Unha delas, aínda que vencellada só coa escrita e non con outros elementos, é a do escritor César Vallejo. ¿O seu futuro como poeta? Cascudo recoñece que elaborou este libro sen présas e que agora está centrado en temas cinematográficos. Máis adiante xa se verá, pois, se do mesmo xeito que o protagonista do libro volta ás orixes, el volve á poesía, o territorio do seu nacemento literario.