«Nunca permitiremos construír a nova ponte enriba do parque Marcos Cela»

LUGO

PRADERO

Entrevista | Xosé Anxo Lage Suárez

22 may 2007 . Actualizado a las 07:00 h.

?uncionario da Seguridade Social de 53 anos, entrou como concelleiro do BNG en Lugo substituíndo a outro compañeiro hai dez anos, e tras formar parte de tres corporacións en distintos postos e momentos, concorre por primeira vez como candidato do BNG á alcaldía. -Pois quizais porque cando gobernabamos co PSOE, repartímonos os papeis entre Fernando Blanco, Branca Rodríguez e eu. O primeiro facía de bo, Branca era a portavoz, e eu era o malo, o Caín. E quizais non me desprendín aínda desa imaxe; pero tamén é certo que sempre digo o que penso, aínda que moleste. -¿Por iso non se leva ben con Orozco? -Eu lévome ben con el. Non sei como se leva Orozco comigo. -¿E por que cre que os cidadáns lle deron a maioría a Orozco despois do goberno de coalición? -Quizais dende o BNG non soubemos transmitir ben o que fixemos. Aínda hoxe lembro con cariño ese goberno no que, por certo, o PSOE non foi leal, e púxonos moitas cambadelas: culpábanos a nós de moitas cosas que non saían ben. -¿E volvería gobernar con eles se non houbese unha maioría absoluta? -Esa experiencia dinos que non o debemos facer. Gobernaremos para cambiar as cousas, non para unha coalición. Para gobernar co PSOE tería que ser co noso programa sobre a mesa e que cumprisen cinco premisas: modificar substancialmente o plan xeral de urbanismo en cinco aspectos e unha nova política industrial na que o polígono de As Gándaras se puxese a funcionar agora mesmo poñendo a disposición da Xunta os terreos. En política medioambiental, recuperar a planta de compostaxe, a axenda 21 e a política do Río Miño, para non vivir de costas a el. En cuarto lugar, incrementar nun 25% o presuposto de política social, e por último, modificar a política de vivenda para construír 3.000 vivendas de protección en catro anos en toda a cidade, ademais dunha bolsa de alugueiro de vivenda. Se o PSOE está disposto a todo iso podería haber acordo. -¿É certo que o BNG tratou de facer política contra o goberno de Orozco no caso do auditorio de San Fernando? -Tratouse de utilizar contra nós por parte do goberno, pero non sei se callou na cidadanía. Nós queremos que estea en San Fernando, pero tal como foi deseñado no seu día por Marcos Parga, porque Orozco modificou substancialmente a cúpula nunha decisión unilateral. Lugo necesita un centro multifuncional durante 340 días ó ano, e non para doce actuacións. -¿Que hai detrás do Icomos? -Retomando verbas de Orozco, un organismo que actúa con prestixio e seriedade. E non vou ser eu quen desautorice a Orozco. O Icomos non é unha ONG na órbita do BNG, lamentablemente. -¿Se o parque de Marcos Cela non levara ese nome, oporíanse igual á nova ponte nese lugar? -Aínda que se chamara parque de Manuel Fraga, teriamos a mesma política, porque temos que impedir a destrución do único elemento medioambiental que hai naquela zona, cando hai outras alternativas. Nunca permitiremos iso, porque non afecta ao 19% do parque, senón á totalidade. Nós xa demos unha alternativa, como a da Volta da Viña, que entroncaría O Carme e República Arxentina, resolvendo ademais os problemas de tráfico na zona, e deixando a ponte romana como peonil e mirador.