TRIBUNA | O |
30 abr 2007 . Actualizado a las 07:00 h.NO OUROL dos meus veráns infantís había unha fonte -Fonte Pouca- que deixaba moi claro o concepto. Lembreino cando vin dúas mulleres de idade que contaban as súas penas a un amigo, e unha delas afirmaba «Alegrías, poucas», evidenciando que no cómputo vital gañaban ostensiblemente as penas. Pola rúa, vexo un xubilado da banca ao que felicito pola súa liberdade, que él califica de coenxía, con significado de «cargo de pouco traballo e moito proveito». Implícita diferencia entre os dous termos. Pero a máis clara diferencia atópoa na actualidade política lucense, que se reflicte na recente enquisa de La Voz de Galicia que lle aumenta un concelleiro a José López Orozco nas próximas eleccións a costa do Partido Popular, ou noutra enquisa que cifra este aumento en dous, restándolle un ao Partido Popular e outro ao Bloque Nacionalista Galego. Falta un mes para as eleccións municipais, os sondeos son só eso, e hai un importante número de indecisos, pero catorce ou quince concelleiros de vintecatro son moitos concelleiros, e poucos os que lles quedan ás outras dúas forzas, aínda que puideran sumarse. Fontes, alegrías, votos. Coenxías, enquisas, eleccións. Moitos e poucos sempre.