NÚMERO 2 DA LISTA DO BNG EN GUITIRIZ
18 abr 2007 . Actualizado a las 07:00 h.Chámome José Luis González Souto e nacín en Guitiriz. Vivo a medio camiño entre este concello e o mariñano de Xove. Son mestre industrial e exerzo de operador de sala de control na factoría de Alcoa, en San Cibrao, onde traballo desde hai 27 anos. Formei parte do comité de empresa de Alcoa durante catro anos. Estou casado e teño un fillo. ¿Por que estou en política? Ocupo o número dous da lista que o Bloque Nacionalista Galego presenta no Concello de Guitiriz. É a primeira vez que me presento en Guitiriz e a primeira vez que o fago baixo as siglas do BNG, partido ao que estou ligado desde hai arredor dun ano. Anteriormente, hai 16 anos, fun candidato por Esquerda Unida no Concello de Xove. Decidín formar parte da candidatura nacionalista porque é a única forza que realmente representa á esquerda. Presentámonos coa intención de gañar a alcaldía porque cremos que é necesario fomentar a creación de empresas e de emprego, máis solo industrial e municipal, facilitar a mellora das explotacións gandeiras, darlle boas saídas a produtos como a madeira e a pedra, entre outros retos. Entre os servizos que fan falla no centro de Guitiriz é importante crear estacionamentos e outros hosteleiros para complementar o tirón do balneario, ademáis de crear máis rotas de sendeirimo e potenciar as que hai. Pola ubicación do concello o polígono industrial pode servir de base de crecemento do pobo.