A PIE DE CALLE «Esta mostra é devolver o que moita xente fixo por min»

La Voz B.?L. | LUGO

LUGO

Xosé Guerreiro inaugurou onte unha exposición na galería Clérigos que permanecerá aberta dous meses. Este pintor de Xove é ben coñecido nesta cidade e as súas obras expuxéronse por España e no outro lado do océano. -¿Nesta ocasión que trouxo? -A exposición chámase Fragmentos... (de Lugo) e son catorce pezas de paisaxe urbano lucense nos que interpreto os lugares máis coñecidos da cidade pero baixo a miña visión. -¿Vostede, que é un asiduo, cada canto tempo pensa que é conveniente volver expoñer aquí? -Deberíanse prolongar as exposicións, pero xa facía tempo que non viña e foi case unha reclamación popular, da xente que me coñece e que me ve por aquí, que me animou a facelo. Ata certo punto, esta mostra é devolver o que moita xente fixo por min, e que grazas a ela estou onde estou. -As veces nótase certo distanciamento entre a xente da Mariña e a de aquí, pero ese non é o seu caso. -Non. É un problema de idiosincrasia. Eu estudei aquí e considérome universalista; non me cerra o ámbito da Muralla para saír de Lugo nin a Xesta e a Gañidoira para vir aquí. -A liña do ceo máis famosa é a de Nova York. ¿Vostede converteu en artística a de Lugo? -Penso que si, pero o arte é unha interpretación de algo xa feito. Lugo ten uns ceos cunha gama de grises, de claroscuros... Ten unha luz especial para min, como Levante para Sorolla.