29 sep 2006 . Actualizado a las 07:00 h.
Vila cre que esa unión e esa capacidade de traballo en conxunto que antano amosaron os veciños de Muimenta non desapareceron. Subliña que a xente segue a responder cando a ocasión o require, e lembra que a experiencia do pasado pode ser unha das razóns que expliquen esa continuidade: «Aquí houbo que loitar por todo para ter futuro», manifesta. Vila opina que a xente de Muimenta debe de ser un modelo para a Terra Chá, e confesa que se sente ledo da evolución destes anos e que desexa que o proceso siga indo cara adiante.