Entrevista | José María Lugilde O pintor lucense exporá algunhas das súas obras nunha mostra que se celebra este mes na cidade austríaca de Salzburgo. Unha galería malagueña é a encargada de xestionar os cadros
12 ago 2006 . Actualizado a las 07:00 h.? artista lucense José María Lugilde mostrase satisfeito por participar na mostra internacional que terá lugar en Austria nas próximas datas. Confesa que cando lle comunicaron a noticia pensou que se trataba dunha broma. -¿Como se sente sabendo que as súas obras serán expostas nunha mostra como a de Salzburgo? -Síntome ben. A verdade é que estou ledo. Eu non creo na felicidade, só creo nos momentiños de felicidade, este é un deles e hai que disfrutalo. -¿Cantas obras serán expostas en terras austríacas? -Sinceramente, aínda non o sabemos. A que está a xestionar todo é unha galería de Málaga que foi a encargada de presentar os cadros a concurso. Eles teñen seis obras miñas e polo que parece, na mostra hai espazo para colocalas todas, pero ao mellor no último momento deciden excluír algunha, a min gustaríame que foran todas. -¿Sente que o seu traballo é menosprezado nalgunhas ocasións? -¡Sempre! Creo que a miña obra non está valorada como se merece. Aquí, hai algúns que medran baixo a protección de «paraugas» de distinto tipo, algúns son institucionais, outros sociais, empresariais... Eu non creo niso; prefiro que o traballo fale dun. Para min o único segredo do triunfo son o traballo persoal, a tenacidade e a sorte. Pero hai tempo que todo iso xa non me importa. Agora soamente penso en ser feliz e disfrutar do tempo que nos queda. -¿ Gustaríalle expoñer na súa cidade natal? Si, gustaríame poder expoñer nos museos de Lugo. Creo que teño suficiente criterio para afirmar que os meus cadros poden estar expostos en calquera museo do mundo. Todo depende do sitio no que vive un e da sorte. Nas cidades pequenas como Lugo os mercados da arte móvense por envexas e intereses. Considérome un pintor maldito na miña terra.