Testimonio O mariñeiro Antonio Ares Méndez presenta hoxe na Casa da Cultura de Foz un relato das súas lembranzas da galerna de 1961 que custou a vida a 82 mariñeiros no Mar Cantábrico
28 jul 2006 . Actualizado a las 07:00 h.O mariñeiro focense supervivente da galerna do 13 de xullo de 1961, Antonio Ares Méndez, presenta hoxe ás doce da mañá na Casa da Cultura Poeta Manuel María de Foz o relato Así vivín eu a galerna de 1961. O acto contará coa presenza de Antón Niñe, autor do prólogo e cunha proxección de imaxes dos barcos que había en Foz en 1961. Despois de pasado o temporal. Sempre tiven a intención de facer un relato coas miñas lembranzas. Un feito así nunca se borra. Enseñeille o proxecto e os meus apuntamentos a Antón Niñe e el encargouse de corrixir todo. Antón documentouse e atopou recortes de prensa. -¿Que obxectivo desexan acadar con este relato? Pois amosar á xente a galerna tal e como eu a vivín. Amosar os meus sentimentos a través deste libro. -¿Como viviu a galerna? Moi mal, aínda que por sorte non me pasou nada. A xente pola rúa aínda o lembra moito aquí en Foz. Endexamais houbo un temporal así na Mariña. -¿A que se dedica agora? Agora mesmo estou xubilado despois de vinte e cinco no mar. Eu traballei na pesca da anchoa e do bonito. Na actualidade sigo tendo un contacto total co mar porque é a miña vida. De feito, vou tódolos días a pescar. -¿A que zonas ía traballar? Pois por Francia, Cantabria, Fisterra... En xeral por todo o Mar Cantábrico. Estabamos uns seis ou sete días fóra da casa cando íamos faenar.