REN DE REN | O |
13 jul 2006 . Actualizado a las 07:00 h.SERVIZOS e máis servizos é o que precisa esta provincia envellecida, pero sen suficientes centros xeriátricos; con poucos nenos, pero sen suficientes prazas de gardaría; extensa, pero sin equipos de bombeiros e sen boas comunicacións; fermosa, pero sin boa promoción fóra dos seus lindes. Somos deficitarios en servizos e non podemos presumir do crecemento que experimentan as urbes que baña o Atlántico. Somos interior, un calificativo que no século no que vivimos ten unha serie de connotacións difíciles de esquivar. Galicia, e menos Lugo, pode permitirse a estas alturas perder servizos. A creación dos centros de información á muller son necesarios porque supoñen un avance. As rencillas políticas teñen que deixar de ser un lastre, porque ante todo, os políticos, da Xunta, dos concellos e das deputacións, só se deben ao cidadán, ao que agora están fastidiando.