Artistas

LUGO

DESDE EL ADARVE | O |

24 abr 2006 . Actualizado a las 07:00 h.

NUNCA antes se reuniran en Lugo tantas obras xuntas de artistas lucenses. Ars moenia, iniciativa que pariu con empeño e algunha incomprensión a xerente do Museo (Encarna Lago), está presente na cidade para que os lucenses lle poñan a nota aos creadores lucenses. É posible que a arte non teña patrias, pero o que é innegable é que grazas a Ars moenia se beneficiou, ademais dos propios artistas, a provincia. Lugo é algo máis que agricultura, gandeiría, pesca, turismo rural, autovía de paso a A Coruña, peregrinos cara Santiago, sucesos e construcción de pisos. Tamén hai espazo para a imaxinación e a creación. Podemos presumir, aínda que polo menos sexa por un mes.