O idioma galego

| MANUEL XOSÉ NEIRA |

LUGO

LICOR DE HERBAS

13 ene 2006 . Actualizado a las 06:00 h.

NÓS, os galegos, temos un idioma ao que non prestamos a atención debida e merecida. Un idioma riquísimo, poliédrico, moi significativo e explicativo, moi exemplarizante para moitas cousas, e non só para falarlles aos animais como pensa moita xentiña aínda. O idioma galego é eficaz. Así, por exemplo, estou a ler as boísimas traducións de Xavier Rodríguez Baixeras no libro O deserto dos tártaros , publicado en Xerais, e vexo que é un idioma de órdago: rico, veraz, plástico, multiforme... Quizais sexa dos idiomas romances da Península o que máis musicalidade ten, o máis rico. Xavier Rodríguez Baixeras vén de traducir O Gatopardo de Giusseppe di Lampedusa. Símbolo da seriedade e da eficacia, poderemos afirmar que co tradutor galego o noso idioma arrequece, faise rico e plural. Caracterizado poeta de promocións anteriores á miña, Baixeras está como arreconchegado no seu traballo seriodo, lonxe dos «díxome-díxome» que vai construíndo a súa obra con xenialidade, tesón, firmeza e experiencia. Manexa moi ben o galego, con pericia e o seu é un idioma plural, riquísimo e fértil. Está de noraboa o galego con Baixeras.