DESDE EL ADARVE
11 nov 2005 . Actualizado a las 06:00 h.GALICIA VIVE estos días pendente de cal será o futuro da alta velocidade entre Portugal e a puxante comarca de Vigo. Só nesta zona viven máis persoas que en toda a provincia de Lugo. E as perspectivas de futuro son cada vez máis favorables para o sur galego. Malia os esforzos de López Orozco por tirar do carro lucense- é optimista por natureza- e das visitas de ministras e de conselleiros á cidade, a provincia queda fóra dos grandes eixos de comunicación coa Meseta e con Portugal. O salvavidas da Transcantábrica podería servir para unir Lugo co núcleo duro da Unión Europea. O cantábrico, que aguanta a crise da reconversión, e Francia son os mercados principais onde nos debemos mirar. A única maneira de poder subirnos ao tren do progreso en España -as estacións estarán en Santiago, Ourense e Vigo- están lonxanas. As famosas autovías do interior non comezarán a facerse ata o 2007.