EN FEMININO | O |
25 oct 2005 . Actualizado a las 07:00 h.A TARDE do sábado a cidade de Lugo tivo unha visita moi especial, Sergio Dalma chegaba a As Termas para firmar o seu último traballo, Todo lo que quieres . E eu estaba alí, para falar con el e velo unha vez máis. Pero se de algo me apetece falar hoxe é da sorpresa que Sergio nos ofrece presentando un tema oculto. Nada menos que unha canción en galego. Tal como tiña anunciado integrou neste cedé unha canción no idioma de Galicia, un tema de Andrés do Barro que mellora, ao meu parecer, na voz do catalán. Trátase dun fermoso xesto, amosando o agarimo que lle ten a esta terra. Para Sergio Dalma este disco pode ser entendido coma un puzzle, con temas moi diferentes entre si que configuran na súa opinión un mosaico de sensacións. A intención é que cada un poida atopar o que quere: rebeldía, paz, esperanza, entusiasmo, amor, desamor, emoción, etc. Neste novo traballo, firmado do seu puño e letra, aparece cun son máis contundente, deixando paso a ritmos do rock, do soul, e do funk, pero dando cabida tamén á música americana e ás baladas nun disco cheo de fantasía salpicada con soño e realidade, a través da mestizaxe de idiomas, de linguas e ritmos. Grazas por algo tan grande, queda ma memoria o recordo e no ar a doce melodía da túa esgazadora e romántica voz.