LICOR DE HERBAS | O |
03 oct 2005 . Actualizado a las 07:00 h.DIGO «CIMENTOS» e non o noso maltreito cemento das cidades galegas contra a paisaxe, que non deixa avanzar. O canonista Harold Bloom cualifica ao poeta Walt Whitman como o máis grande xenio da modernidade. Os calibrados versos do cantor das glorias democráticas son moi celebérrimos. Debemos de definir o que é a modernidade que mesmo unha persoa como Hans Küng, no ámbito relixioso, o fai. O cantante Sting (líder de Police), The Smiths, The Cure (á sazón «cura», «terapia») e os cancioneiros medievais son a nosa modernidade. Os delirantes outonos de Galicia. Os británicos The Smiths e os pazos. A boísima lírica do lucense Luis Pimentel onde non anda lonxe un pintor como Soutine naquiles botóns e «o saxofón feito de estrelas». Os Benet cunha pata de cérvido negro. Eu, Walt Whitman, estreito a man dos leñadores do meu país Whitman, dos que traballan a madeira. Para o meu parecer, Walt Whitman é o maior xenio moderno, xunto co norteamericano Edgar Allan Poe. Eu teño na lingua unha espada, para corrixir erros e significar a bíblica razón. Contra o cemento do sarriano Camilo Gonsar poñamos música moderna entrazados como unha longa cabeleira aos cancioneiros medievais. E en Luis Pimentel, Rotko, Soutine e demais. Un grande como sabemos é o ruso Malewitch. ¡O meu país Whitman! redac.lugo@lavoz.es