«O sector demanda man de obra cunha certa formación»

Benigno Lázare LUGO

LUGO

SEBAS

Entrevista | José Francisco Real O representante dos profesionais lucenses queixase do cativa axuda que tiveron para celebrar cursos e opina que o Xacobeo xa non é determinante

12 sep 2005 . Actualizado a las 07:00 h.

O presidente da Asociación Provincial de Hostalaría, José Francisco Cheché Real, está satisfeito polo resultado da campaña de verán, pero considera necesario traballar para que a presenza de turistas sea máis homoxénea en toda a provincia, que tén na Mariña o punto forte e na capital o foco de maior crecemento. Tamén reclama máis apoio para formar aos profesionais. -Os hostaleiros sempre se queixan da falta de turistas e agora non o están facendo. ¿Foi unha campaña boa ou excepcional? -Este foi un bo verán para o turismo. Non é que nos queixemos, que na Mariña non o fan, pero ocorre que no interior da provincia, salvo en Lugo, é outro conto. Trátase de coordenar os esforzos para conseguir unha maior uniformidade e que os visitantes non limiten a súa estancia ás praias durante o verán. Que visiten tamén os municipios do interior e que veñan en varias épocas. -¿O Xacobeo xa non é tan determinante ou as zonas que non están nas rotas siguen dependendo moito del? -Creo que está deixando de ser determinante, pero sempre axudará. -¿A hostalería servíu de refuxio para os emigrantes retornados? -Si, pero moitos deles viñeron cuns coñecementos maiores ca os que había aquí naquela época, porque traballaron en importantes establecementos nos países europeos, e hoxe tamén teñen eles bos negocios montados. -¿Como vai a celebración de cursos? -Este ano só nos concederon un, que se está rematando, pese a que podemos desenrolar moitos máis, e estamos xestionando a creación do centro de hostalería no recinto feiral para poder aumentar esa capacidade formativa. Actualmente, o sector demanda man de obra cunha certa formación. A hostlería está incorporando moita man de obra inmigrante que, na maioría dos casos son persoas amables pero sen formación nesta actividade.