A adecuación da complexa estrutura do transporte

La Voz

LUGO

Tendo en conta o recente xiro dado pola Xunta nos concertos educativos, José Rábade matiza que, de todas formas, a oferta educativa deste ano estaba feita. Sinala tamén que en Lugo a dual só existe na capital, en Monforte, en Sarria, en Viveiro, en Foz e en Ribadeo. Con respecto ao ensino público, alude a conveniencia de que os centros fagan atractiva a súa oferta educativa. -Nesta provincia, o transporte escolar ten gran incidencia e ás veces é o determinante na programación dos colexios. -Si é certo. Hai unha frase moi gráfica que di que ás veces a infraestrutura prima sobre a estrutura. O transporte é certo que está determinando o horario de centros, pero atallar iso é unha cuestión moi difícil. En transporte escolar gástase moitísimo diñeiro nesta provincia pola súa dispersión. Teremos que adecuar iso, entendendo que non está todo mal, nin moito menos. A planificación do transporte é un dos bos servizos que funcionan nesta casa, pero posiblemente se poida adecuar máis a infraestrutura do transporte á estrutura educativa. -Os retrasos por obras son ao comezo do curso o mesmo que a lotería á Navidade. ¿Como se presenta este ano a situación nos centros? -Espero que afecte o menos posible, aínda que este ano, que foi electoral, a anterior Administración da Xunta foi ofrecendo obras por moitos sitios. Algún pequeno problema terémolo, e evidentemente xa nos corresponde a nós solucionalo coa maior dilixencia posible e niso andamos.