Todos perdedores de algo

| XOSÉ MARÍA PALACIOS |

LUGO

DESDE EL ADARVE

18 ago 2005 . Actualizado a las 07:00 h.

HAI UN libro de Camilo José Cela, San Camilo, 1936 , que está dedicado aos rapaces da quinta de 1937, condenados a participar nunha guerra civil cando eran pouco máis ca uns nenos. Segundo escribe o autor da dedicatoria, que pertencía a ese grupo, foron todos perdedores de algo: da vida, da liberdade, da ilusión, da esperanza, da decencia. Cambiaron os tempos e as circunstancias; pero os rapaces que morreron esta semana en Afganistán, en idades semellantes ás dos rapaces que colleron o fusil ao lombo por España adiante entre 1936 e 1939, perderon a vida antes de tempo. Poderase discutir o carácter das misións exteriores do Exército, analizar a resposta do Goberno ante o accidente e investigar as causas polas que caeu o helicóptero; pero nada aliviará a dor por tantas mortes prematuras.