Gasolinas e competencias

| SUSO VARELA |

LUGO

DESDE EL ADARVE

17 ago 2005 . Actualizado a las 07:00 h.

PASARON varios gobernos por Madrid e sempre falaron de liberar o mercado para conseguir abaratar os prezos dalgúns servizos, en especial o das gasolineras. As promesas de que se ía facer un control para que as compañías non pactasen os prezos levounas o vento. Non hai máis que ver o que costan os combustibles na rutas de Sarria e de Ribadeo grazas aos prezos tan baixos que marca Eroski. Nesas zonas, o resto de empresas de servizo ofrecen unhas tarifas baixas, en comparación co resto de colegas da provincia. ¿Por que uns lucenses están abocados a pagar uns prezos máis baratos que os outros? Unha de dúas, ou as gasolineras das rutas de Sarria e Ribadeo son temerarias e acabarán pagando esa política económica, ou as do resto da provincia cobran por riba. O que está claro é que o futuro é difícil para todos, tanto consumidores como empresarios das estacións de servizo.