Síndrome San Froilán

| SUSO VARELA |

LUGO

DESDE EL ADARVE

10 ago 2005 . Actualizado a las 07:00 h.

DENDE HAI anos os responsables da Concellería de Cultura, antes o BNG e agora o PSOE, decidiron que invertir cartos para espectáculos noutras épocas do ano que non fora o verán era inútil. Consideran que San Froilán, os festivais de teatro e os ciclos de música e de cine teñen un público xa fiel e non merece a pena gastar nun Lugo que queda baleiro de xente. É unha política que pode ser discutible, sobre todo para os que viven na capital en xullo e agosto, xa que os cartos públicos hai que administralos da mellor maneira, sobre todo se logo se quere presumir dunhas patronais de primeira liña, como foron as do pasado ano. Os responsables municipais deberían ter en conta para os seguintes veráns o peso que irán collendo os turistas na vida nocturna da cidade. Quizais, ao mellor, habería que pensar xa un pouco neles.