28 jul 2005 . Actualizado a las 07:00 h.
O Bloque Nacionalista Galego de Antas de Ulla tamén inclúe na moción a necesidade de mellorar a estética da vila. As zonas de descanso da nacional 640 atópanse «nun estado lamentable», segundo o portavoz do partido. Os nacionalistas achacan a situación destes parques a unha falta no mantemento do servicio municipal de limpeza de axardinamentos e propoñen nomear a unha persoa encargada destes labores.