TRIBUNA | O |
06 jul 2005 . Actualizado a las 07:00 h.DESPOIS dunha semana de incertidumbre debida á falta dun resultado definitorio nas eleccións do pasado día 19 de xuño, e motivado polo xogo do escano 38 entre os dous partidos máis votados, o pasado luns sóubose con certeza por fin do futuro político de Galicia. Todo despois da ardua labor de reconto e anulación de parte dos miles de votos que chegaron dos emigrantes no exterior. O voto emigrante deixábao todo igual que estaba, para propiciar o cambio e permitirlle ao líder do PsdeG, Emilio Pérez Touriño, facerse coa presidencia da Xunta de Galicia, entrando novos aires na institución. Sinálanse datas clave, como a do 18 de xullo ou a do 18 de agosto, esta última fixando o prazo máximo para proceder á nova investidura. Como di Emilio Pérez Touriño, «O problema non é o que somos ou non somos, non é definitorio se Galicia é ou non é unha nación. A miña prioridade é que Galicia deixe de estar no furgón da cola e que os galegos se convirtan en cidadáns de primeira». Se cumple ese obxectivo terá gañado o aplauso dos cidadáns, tras depositar a súa confianza nel. Aberto o diálogo con Anxo Quintana comeza o novo camiño político para Galicia.