¿A que hora pasan os buses?

| SUSO VARELA |

LUGO

DESDE EL ADARVE

26 abr 2005 . Actualizado a las 07:00 h.

ÉRASE unha vez un lucense que necesitaba coller un bus urbano. Non tivera boas experiencias anteriores, pero pensou: «Haberá que darlle outra oportunidade, din que o servizo vai de marabilla». Como moitos traballadores, non lle sobraba o tempo. Chegou á parada da Capela de Santa María, onde tras ler as 12 liñas que alí se deteñen, puido constatar que había dous buses que se lle axeitaban. Eran as 16.05 horas. Foi por probar, xa que botou de menos que nos paneis lle dixeran a hora aproximada pola que pasa por ese punto o bus. Tamén se preguntou se o percorrido sinalado era completo. Logo, puido comprobar como faltaban paradas, ao baixarse dúas antes da que a el lle gustaría. O lucense foi precavido, xa que levaba un libro, pero miraba ao ceo rezando para que non chovera. Ás 16.50 horas, e coas pernas tremendo de estar de pé, apareceu o bus. É evidente, que chegou tarde ao traballo.