NO OUTEIRO | O |
20 abr 2005 . Actualizado a las 07:00 h.MOITOS acordaranse da serie do coche fantástico, aquel que falaba. Se é así tamén lembrarán que mantiña a raia aos cans que tiñan a tentación de irlle mexar ás rodas. ¡Que teima! Talvez se estean a preguntar polo sentido que ten isto aquí e agora, pois teno. O Delegado da Consellería de Cultura deu a coñecer días atrás unha sospeita: que a principal causa do mal funcionamento das luminarias do adarve da Muralla son os ouriños dos cans. ¡Non todo han ser os cans!, exclamará algún pensante. En todo caso, facendo broma, ao mellor viría ben falar cos da serie para que nos prestaran o sistema, se Kitt nos deixa, claro. Home, xa postos, se fora quen de evitar certas patadas... Poida que desta e aquela maneira diminuíran os curtocircuítos que apagan ese alumeado. O tema non é trivial; ademais, cando funciona transforma o adarve nunha fermosa postal nocturna que engrandece á Muralla e os paseos. E xa que sempre andamos tratando de gañarnos aos turistas... Outra opción, máis factible pero controvertida e ao mellor inxusta, sería a de prohibir o acceso dos cans, tendo en conta que xa o Concello axeitou un lugar para que os cuzos poidan facer alí aquil.