O Lugo literario

MANUEL XOSÉ NEIRA

LUGO

TRIBUNA | O |

04 abr 2005 . Actualizado a las 07:00 h.

PARA ben ser Lugo precisa dunha demarcación histórica no nacionalismo e na literatura. Para que o terreo non estea a barbeito cómpre revisarmos a historia da literatura na cidade. Así iriamos desde Manuel Amor Meilán, un autor decimonónico e precursor deica Paco Martín, con signos de lucensidade moi visíbeis. Pero é que ademáis temos no tempo a un infatigable deica a Guerra Civil, Evaristo Correa Calderón con ollos para todo o innovador. Un autor que precisa urxentemente dunha recompilación de todo o labor feito en libro ou en volumes. Asemade no 24 en Ronsel. Temos a un Luís Manteiga que tiña o verme da literatura rillando nil coma nunha mazá camoesa. Temos a Ramón Martínez López como profesor e refundador do Partido Galeguista. Por doble condición home a rescatar da penunbra do tempo. Temos a un Xesús Bal y Gay que é un autor cheo de estilo literario e musical, un artista moi completo e tamén medio esquecido en Galicia. Temos a estadía en Lugo de Filgueira Valverde como profesor: un erudito moi avezado e completísimo. Temos a un Ramón Piñeiro, o ensaísta con máis pretensión e dignificación do idioma galego. Temos a Celestino Fernández de la Vega, a Luís Pimentel e a Pepito Gaioso. En fin, un Lugo literario...