DESDE EL ADARVE
04 abr 2005 . Actualizado a las 07:00 h.ESTE MES será, con moita diferencia, no que se concentren a maior parte das actividades sobre o intelectual ao que este ano lle dedicamos o Día das Letras Galegas: Lorenzo Varela. E digo, dedicamos, porque aínda que a academia é quen elixe, somos o resto dos galegos os que desfrutamos e aprendemos da labor dos homenaxeados. A pesar da concentración -presentacións de libros, congresos e reunións na embaixada da Arxentina- non podo deixar de botar en falla unha maior presenza pública da vida e obra do monterrosino. Hai anos eran poucos os nenos galegos que non sabían a quen se lle dedicaba esa data. Durante o curso e, preferentemente desde comezos de ano, descubriamos a súa obra con leturas, redaccións ou ilustracións, pero sempre co obxectivo de aprender. Non me convence a idea dunha única xornada de convivencia escolar. Non me gustan os adornos.