As caras da guerra

CARLOS VÁZQUEZ

LUGO

NO OUTEIRO | O |

25 feb 2005 . Actualizado a las 06:00 h.

A EXPOSIÓN titulabase Nenos da guerra e puido contemplarse no centro Uxío Novoneyra. No seu conxunto as fotografías non eran dunha grande calidade nin ao mellor transmitían todo o que reza baixo delas. Inda así mereceu a pena achegarse para velas e ler o que se explicaba. Seguramente son datos que a maioría coñecemos por riba, pero logo de ler un e outro e outro...., ao final sácanse conclusións. Por exemplo, que as guerras só producen sufrimento e que a meirande parte das veces constitúen un suculento negocio para algúns. Para outros, como se podía ler baixo das fotos dos rapaces convertidos en guerrilleiros (en Birmania, El Salvador, Liberia ou Tailandia), a única vía de supervivencia. Só por causa da guerra Angola perdeu máis de trescentos mil nenos e nenas. A foto que acompañaba a este dato, Desolación, amosaba- a unha nena con medo de saíres a fóra. Porque moitos son os que morren polas balas, vítima das bombas ou debido á fame e as enfermidades, pero ¿e os que sobreviven? Na retina Cólera en Goma e Los niños perdidos, unha das fotografías que máis atravesaban a un era a que amosaba a unha nena tutsi sen as dúas pernas: Heridas de guerra.