DESDE EL ADARVE
24 feb 2005 . Actualizado a las 06:00 h.A FEDERACIÓN Española de Municipios e Provincias vai reclamar, vía plenos o 19 de abril, o que califican de débeda histórica. A financiación municipal é a gran débeda económica de España. Logo de moitos anos de déficit cero, de encher o peito por Europa dicindo que as nosas contas estaban limpas e ata nos sobraban cartos para a Seguridade Social; todos eses «logros» non tiveron en conta as grandes demandas de servizos e os gastos diarios que teñen que sofrir os concellos. As administracións locais están asumindo competencias que non teñen, pero que deben facer porque ninguén se ocupa delas. Os cidadáns o perciben e sempre acoden aos concellos para solucionar os problemas. Pero dá a sensación de que son os parentes pobres do Estado. Incluso, ata o punto de que nin se fala deles nunha futura reforma de Constitución ou de Estatuto. Ten mérito ser alcalde.