TRIBUNA | O |
23 feb 2005 . Actualizado a las 06:00 h.UNHA conferencia ruín coma a fame. A igualdade do home e da muller que ninguén discute. Ista igualdade a un seméllalle (non sendo machista en absoluto) dunha mesquindade grande. Todo a medias pero ben medidino todo. Metade a metade, non vaia ser. Agardábamos unha conferencia culta, sensíbel, moi elaborada. E dounos unha conferencia de amas de casa, liberais ilas e progresistas, iso si. Só nos veu a dicir que ela era non crente relixiosa. Contou en catro minutos como unha parella debía de facer a cama. Servidor, desde o seu sillón, quixo retrucar que o importante non era facer a cama xuntos (eu fágoa soíño e non se me caen os aneis) senón desfacela. Non falou do espiñento tema do aborto. Un pensa que hai moitas parelliñas que desexarían adoptar un fillo. Deberíase protexer á preñada no aspecto psicolóxico e monetario con fin de levar a termo o embarazo. En fin: unha chosca conferencia, pobre, escasa. E un pensa se insta xentiña non vén a cobrar o cheque de turno e nada máis. Un cre que por moi sensíbel que o escritor se amose se non é crente non poder ofertar, ter de seu, a alegría que poda ter un cristián. Dixo que o antimachismo era un antídoto para o home e para a muller. E aí estamos de acordo. Pobre conferencia.