TRIBUNA | O |
04 feb 2005 . Actualizado a las 06:00 h.O INSIGNE fillo do fusilado da Guerra Civil Camilo Díaz Baliño cabalga de novo. Pechouse ao público unha exposición en Caixa Galicia sobre o grande pintor Isaac Díaz Pardo. Comentaba co pintor Honorio as excelencias contrastivas entre Luís Seoane e Díaz Pardo, ambos embarcados no proxecto Sargadelos. Faleille da miña preferencia por Seoane. Il prefería a Díaz Pardo sen dubidalo. Estaba tirando pedras contra o seu propio tellado. Todos istes novos pintores non sei se se plantexaron ben o seu oficio. Todos mui avangardistas. Non vou dar nomes. Non podemos despachar dun plumazo a un Zurbarán, nen a un limitado novelista como Pérez Galdós. No Museo Diocesano e no Provincial durmiña un soño penumbroso, unha inxente obra de pintores anónimos. Arestora, vendo cadriños de Luís Seoane compardos con Díaz Pardo, seméllanme os dun cativo cun señor maior. Díaz Pardo é un cíclope. Coñece mui ben aos grandes de sempre da pintura. ¿Alguén se cuestionou as avangardas? Pero ben: o problema real é que eiquí o que se precisa son pintores pras fachadas. Ise é o problema real.