DESDE EL ADARVE
22 ene 2005 . Actualizado a las 06:00 h.DEDUCIMOS que a oposición política nalgúns concellos non foi moi aguda ou traballada. Isto debe ir por parroquias, momentos e xestos: Que ti me obrigas a facer información de lapicero; eu che poño denuncias. Que este me toca á miña xente; eu lle boto enriba a fulano. Tardaron en airearse as mariscadas de Viveiro, e en saír as presuncións en Cervo. A verdade é que choca moito o funcionamento dalgunhas corporacións en relación a outras, o que demostra que a pesar de ser os partidos os mesmos, as persoas son determinantes nas corporacións municipais. Imaxinen que en tempos de Villapol no Vicedo, alguén preguntara o que preguntaron estoutro día os concelleiros do BNG en Xermade: ¿Que coste tiveron os caramelos con envoltorios co escudo do Concello de Xermade que están dende fai varias semanas na casa consistorial? e ¿cantos caramelos se compraron? Sería outra cousa.