«No Sáhara, dependen da axuda internacional»

LUGO

Entrevista | Miguel Losada O pasado ano, 21 concellos da provincia se sumaron ao programa «Vacacións en paz», que promove a estancia de nenos saharauis en Lugo

18 ene 2005 . Actualizado a las 06:00 h.

?ada vez son máis os concellos e os lucenses que se anotan á posibilidade de traer a Galicia a un neno que vive nos campamentos de refuxiados do Sáhara. Hai unha oenegé que se encarga de informar e de facilitar aos concellos o desenvolvemento do programa: Vacacións en paz . -¿Lugo é solidaria neste caso? -Si. Hai tres anos só había tres concellos que estivesen no programa das vacacións e no 2004 foron 21. Esperamos que neste novo ano haxa ao redor de trinta concellos. O problema é que moitas veces este programa é descoñecido. -¿Explíqueo? -Son dous meses de estancia dun neno cunha familia galega. Pronto, os concellos abrirán o período para solicitar a un cativo. Logo, a traballadora social fai un informe sobre a familia, e logo reciben o neno. A viaxe corre a conta dos concellos e a manutención xa é das familias. O habitual é levalo ao médico, incluso aos especialistas. Teñen o mesmo seguro que nós. Hai que darse de conta que moitos deles será a primeira vez que acoden a unha consulta médica seria. -¿En que condicións viven este rapaces? -Están en campos de refuxiados, carecen das comodidades mínimas, non teñen luz, nin auga, nin traballo... só teñen sol e area. Ademais, no verán alí hai uns 50 grados, por iso é bo que veñan a España. Son xente que depende da axuda internacional porque hai escaseza de comida. -¿Pódese repetir co mesmo neno? -Pódese, pero ás veces hai mala organización alí e non envían ben aos rapaces ao destino solicitado. Nós, organizamos dúas veces ao ano viaxes ao Sáhara para que as familias vexan aos cativos.