DESDE EL ADARVE
18 ene 2005 . Actualizado a las 06:00 h.OS POLÍTICOS están, na maioría dos casos, fóra das preocupacións dos cidadáns, e atópanse dentro dunha espiral de ditos e contraditos mentres os grandes problemas das persoas que votamos, pagamos impostos, padecemos a sanidade pública e camiñamos polas rúas seguen sen resolverse. A lixeireza coa que falan de autovías, pontes, camiños de ferro, industrias, aeroportos, portos e máis aranceis, é pasmona, mentres que os cidadáns non perciben as cousas das que se falan. Os políticos lánzanse mutuas acusacións sobre obras que nin no plano virtual están feitas. Se fixeramos caso, só en Lugo viviríamos na abundancia e seríamos a mellor das provincias posibles. Pero a triste realidade é que Lugo está á cola en moitos parámetros, como agora se soe dicir. E o peor, é que mentres ao noso redor medran, nós seguimos emporcadoss en discusións estúpidas.