TRIBUNA MANUEL XOSÉ NEIRA | O |
03 ene 2005 . Actualizado a las 06:00 h.A ESCALINATA do poeta Luis Pimentel resume ben ás claras todo o «misterio» propiamente da cidade de Lugo. Unhas roseiras longas, bispais, dependuran alí como dependura a glicinia. Un poeta é unha simbólica ou simbolista escalinta. A estatua do poeta na antiga alameda do século XIX xa desparecida, de Otero Besteiro. O Campo Cstelo como unha alema, cos seus andares baixos de atardecer ou crepúsculo morado, violeta. Don Antonio Machado e a súa estricta obediencia. O chamado campo da forca. O aire de abril cheo de anduriñas cinxindo o vóo, mellor do que os vencellos, á moura e escura muralla romana. A igrexiña antiga de Santa María e o hospital adxacente coma un orfelinato co seu implícito mester de fabulación dickensiana. O poema de Luís Pimentel Praza do Campo titulado coma un cadro subrealista e onírico de Pablo Picasso en ton verde limón, amarelo, laranxa. Mui colorista e avangardista tal e como deixou escrito o xenial poeta e o seu acusado estecismo fechado, hermético, esotérico cuase. Un poeta mistérico e esotérico. O andar de don Ramón Martínez López coa recpeción feita ao grande poeta García Lorca recén chegado de Nova Iorque. Os pequenos pazos da cidade coma os do Sangro onde se afinca a historia toda dos Fole, o de Aguiar chamado, coido eu, na traseira da Rúa Nova, cunha columna facendo de parteluz e que se ve desde a Muralla indo por sobre a Tinería. A placa de Aureliano J. Pereira por detrás da Praza do Campo, xa ila pronta ao abscóndito, recóndito e que determina toda unha forma de estar no ser e mundo lugueses. A fragmentación ou serialización propias do mundo lugués: a primeira na lírica sincopada de Luís, a serialización nas rúas consecutivas de Crecente Vega, Seoane... O fermosísimo barrio da Tinería, etcétera.