TRIBUNA | O |
04 sep 2004 . Actualizado a las 07:00 h.É OBVIO. Ou retomamos ao mellor Otero Pedrayo (cuxa dislocación alleeira está na grande pluma do escritor galego de expresión española don Ramón del Valle-Inclán) ou a literatura galega semella inexistente. Deixémonos de promeiradas e de leches. Otero Pedrayo é o cumio (ben que imperfecto, un tanto deslatado coma seo de montña vella galega, seos matriciais algo caídos polo tempo) da nosa narrativa. Non lle hai máis que facer. Otero Pedrayo (coa quimérica, cuase alquímicamente pura ensaística de don Vicente Risco, o noso Vicentiño) con don Ramón Cabanillas é o sustrato máis fondo da nosa peculiarísima literatura occidental, mareira e marteirada por atlántica... Dicíamo o amigo Xulio Arias: «¡Xa lles gustaría a moitaos e moitas novas poetas e novelistas escribir coma Cabanillas!». Ramón Cabanillas é, nil se resume, toda a ética da literatura galega. Estamos en épocas bastardas, pailanas, de pouco gracello. Veño, noite de sábado, de tentar, sempre tentar tomar unhas copas e só escoitei algo sensato en música na voz de Manu Chao, se non ando errado, o fillo do galego-parisién Ramón Chao. Ou sexa, máis Ramón Otero Pedrayo (de quen temos que actualizar os pazos hiperestésicos), más Cabanillas, ou senón, Far West en todo...¡That's The question! Porque Ferrín é un Cela centroeuropeo, e non nos serve. Se obtén, ao fin, o Nobel, é por esa rara cualidade de Cela centroeuropeo.