DESDE EL ADARVE
03 sep 2004 . Actualizado a las 07:00 h.FACÍAMONOS onte eco de que as xudías medradas na horta tiñan un prezo un 253% máis baixo ca expostas no hipermercado. Como consumidores, moito nos parece a suba e como labregos tamén nos indignaríamos. Se non soase un pouco xenófobo, diríamos que ¡menuda xudiada!, aínda que moitos a isto lle chamen reglas do neoliberalismo. Así que logo non é de estrañar -a verdade é que os do PSOE se estrañan por todo-, que o goberno local de Quiroga decidira subirse un 312% (supoño que xa aplicarían o IPC) as dietas que cobran por asistencia a plenos e comisións de goberno, de feito que aos quirogueses lles van saír as reunións dos seus gobernantes por medio millón de pesetas máis ao mes. Xa verán, seguro que a Julio Álvarez se lle vai notar un 312% a melloría. O que non me parece ben e que gaste 114.000 euros na televisión local e que na Seara apenas se vexan dúas cadeas.