Unha muller no sillón do TC

CARLOS VÁZQUEZ

LUGO

TRIBUNA | O |

17 jun 2004 . Actualizado a las 07:00 h.

VINTECATRO anos despois, unha monfortina de orixe (leonesa de adopción) sustituirá ao maxistrado que hai tan só uns días desexaba deixar o cargo para poder despacharse a gusto; calquera diría que non o fixo xa dabondo. A polémica suscitouse debido a que, primeiro, é a primeira vez que unha muller accede á presidencia do Tribunal Constitucional. Que non debería sorprender tendo en conta o número de mulleres xuristas que ano a ano licéncianse en Dereito e opositan con éxito é superior ao dos homes. E segundo, porque dise de Emila Casas que é unha persoa con mentalidade aberta, progresista e respectuosa coas distintas maneiras de entender España. Pero iso, claro, dáse de fociños co sector máis conservador da Maxistratura. Se ben o peor non é que exista ese enfrontamento entre eles, senón que os cambios políticos afecten e de qué maneira á composición dos Tribunais, co conseguinte risco de politización da Xustiza. Non falemos xa da subseguinte falta de independencia e do que supón en negativo para o bo funcionamento democrático. E é que, ás veces, S. Sª. Ilustrísimas semellan ser parte do rianxo que venden as rianxeiras.