«O do Narla é un proxecto que non tén ningún sentido»

Benigno Lázare LUGO

LUGO

PRADERO

Entrevista | Xan Duro Fernández Este dirixente ecoloxista considera primordial o saneamento do Miño para o consumo da súa auga, e impedir que as empresas sigan contaminandoa, facéndolles cumplir a lei

05 abr 2004 . Actualizado a las 07:00 h.

Adega non está en contra da industrialización se se poñen previamente as medidas para evitar a contaminación, según matiza o seu presidente, Xan Duro Fernández. -¿Por que hai tantos grupos ecoloxistas se o medio natural é un? -Comenzamos ben. O noso país é o paradigma do minifundismo, e isto posiblemente sexa un reflexo social desa tendencia a que cada ún teña a súa leiriña. -¿Existe a concentración parcelaria no eido do ecoloxismo? -A propia dinámica do traballo ecoloxista acaba rematando con concentracións. Agora mesmo hai un aglutinador que é a Federación Ecoloxista Galega, que abrangue prácticamente tódalas organizacións existentes. Eso polo menos xa é un bo comezao para establecer un consenso. Pero tamén hai que darse conta de que os problemas medioambientais que non son globais, como o efecto invernadoiro e outros polo estilo, son problemas locais que crean unha dinámica de resposta local. Temos que ser capaces de artellar redes que vaian xuntando eses grupos, e esa é a liña na que se está a traballar. -No ecoloxismo galego hai grupos que teñen outros fins? ¿Hai «amarillismo»? -En Galicia hoxe non hai grupos que se poidan calificar así. Hainos cos que podes ter máis afinidades por formas de traballo, pero non por discrepancias ideolóxicas fondas. -Auga, lume, terra: ¿cal é o principal problema agora? -Agora mesmo, lume e auga, pero o problema do lume tamén tén unha vinculación directa coa terra, tanto polos incendios que están esquilmando os bosques do noso país, como pola práctica da incineración dos residuos sólidos urbanos. Con respecto á auga, o problema afecta tanto ás augas interiores, dos ríos, como ao litoral e augas marítimas, co do Prestige . -¿Cumprir o Protocolo de Kioto é o menos que se pode facer ou serve de pouco? -É o mínimo. E o punto cero para comezar a traballar en serio. Pero dese protocolo hai que respectar tanto a letra como o espíritu, porque se o acabamos convertendo nun mercadeo de cotas de emisión, de plantacións de enormes masas de monocultivos de eucalipto, por exemplo, para crear zonas de absorción de monóxido de carbono, perde o espíritu da letra do acordo de Kioto, que é reducir as emisións, pero non xogar mercantilísticamente coas cotas de emisión de cada país. -En Lugo hai pouca industria e aire máis puro. ¿É mellor seguir así ou podemos avanzar máis industrialmente? ¿Onde está o equilibrio? -A industria non tén por qué ser sinónimo de contaminación. Unha industria ben montada, coas medidas axeitadas e promovendo dende o seu inicio a adopción desas medidas non tén por qué resultar contaminante. Agora ben, aquí non se está actuando dese xeito, xa que primeiro créase o problema e logo intensase buscar solucións. Pódese industrializar sin contaminar ou cunha contaminación mínima que o medio tén capacidade para asumir; o que nós chamamos capacidade de carga. -Adega leva unha loita contra o proxecto de abastecimento de auga dende o río Narla. ¿Sería admisible se á vez mellorasen o saneamento do Miño? -De ningunha maneira. O do Narla é un proxecto que non ten ningún sentido. Se se mellora o Miño, a auga xa a suministra este río. -¿Nunha provincia gandeira como é posible que ainda non haxa unha solución realista para o xurro? -Hai sistemas de tratamento, pero hai que investir neso e na xestión. Coma cos residuos sólidos, hay que crear un sistema para eliminarlle a toxicidade, pero fai falta vontade política.